A área de Benestar inicia as obras de mellora dos centros cívicos da cidade nas instalacións de María Balteira, Sagrado Corazón e a Casa das Asociacións

Os traballos, que consisten fundamentalmente no repintado dos edificios, se suman ao investimento de 243.000€ previsto no próximo orzamento para acondicionar os sete centros sociais da cidade

Martes, 10 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Benestar inicia as obras de mellora dos centros cívicos da cidade nas instalacións de María Balteira, Sagrado Corazón e a Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións e os centros María Balteira e do Sagrado Corazón están a experimentar estes días un lavado de cara que redundará na mellora da súa imaxe.

A intervención consiste no repintado do interior das instalacións e tamén da fachada, traballos que ascenden, no seu conxunto, a 20.000 euros e que obedecen á intención do goberno local non só de conservar as dependencias municipais, especialmente aquelas que rexistran un uso frecuente e elevado por parte da cidadanía, senón tamén de facelas máis confortables.

“Se ben, na Casa das Asociacións, os labores de acondicionamento remataban o pasado xoves, nos próximos días comezarán as tarefas de mantemento nos dous centros de convivencia sinalados, polos que diariamente pasan un número moi elevado de usuarios. Trátase pois dunha actuación pequena, en canto a investimento, pero de gran valía para a veciñanza destes barrios que emprega con asiduidade estas dependencias nas que agora, agardamos, se sintan aínda máis cómodas e cómodos”, explicou Olga López Racamonde.

A edil de Benestar sinalou tamén que, de cara ao 2020, a súa área ten previsto acometer reformas nos centros sociais por importe de 243.000 euros, con cargo aos próximos orzamentos municipais.

“Sen esquecer – lembrou – que o investimento en Servizos Sociais superará os 3 millóns de euros, entre os que destaca, precisamente, o gasto que se fará nos 7 centros cívicos da cidade nos que se atende a máis de 20.000 persoas”, concluíu a concelleira.

Audio

  • A edil Olga López Racamonde, sobre as obras de mellora dos centros cívicos da cidade| Descargar mp3

Noticias relacionadas