Mércores, 12 de agosto de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, saudou esa mañá á mocidade que participou na andaina organizada polo Concello para conmemorar o Día Mundial da Xuventude. Esta ruta, que partiu do Parque Rosalía de Castro, baixo as indicacións do guía lugués Guido Álvarez; está enmarcada na programación de Andainas Xuvenís pola Sostibilidade e a Igualdade, dirixidas a rapaces e rapazas de 14 a 35 anos, que terán lugar ata outono.
As seguintes andainas programadas por Xuventude celebraranse o 29 de agosto, o 4, 12 e 19 de setembro, o 17 de outubro e o 21 de novembro. O número de prazas para cada unha destas camiñadas é de 25, e as inscricións débense facer a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal.