Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana Abelleira, saudou esa mañá á mocidade que participou na andaina en Lugo no Día Mundial da Xuventude

Ana Abelleira, saudou esa mañá á mocidade que participou na andaina en Lugo no Día Mundial da Xuventude

  • Tema
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 12 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira, saudou esa mañá á mocidade que participou na andaina en Lugo no Día Mundial da Xuventude

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, saudou esa mañá á mocidade que participou na andaina organizada polo Concello para conmemorar o Día Mundial da Xuventude. Esta ruta, que partiu do Parque Rosalía de Castro, baixo as indicacións do guía lugués Guido Álvarez; está enmarcada na programación de Andainas Xuvenís pola Sostibilidade e a Igualdade, dirixidas a rapaces e rapazas de 14 a 35 anos, que terán lugar ata outono.

As seguintes andainas programadas por Xuventude celebraranse o 29 de agosto, o 4, 12 e 19 de setembro, o 17 de outubro e o 21 de novembro. O número de prazas para cada unha destas camiñadas é de 25, e as inscricións débense facer a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-abelleira-saudou-esa-mana-mocidade-que-participou-na-andaina-en-lugo-no-dia-mundial-da

Ligazóns:
[1] mailto:xuventude@lugo.gal