- Tema
O Concello de Lugo, en colaboración coas asociacións Dowm Lugo e ASPACE, realizará esta fin de semana a actividade Capacitados para coidar o medio ambiente. O evento, coordinado pola Fundación Solidaridad Carrefour e o CERMI de Galicia, terá lugar na aula número 1 do Pazo de Feiras e Congresos a partir das 12:00 horas do vindeiro sábado 31 de maio.
Os asistentes terán un amplo ábano de actividades nas que participar como o concurso de debuxo baixo o tema do medio ambiente, obradoiros de papiroflexia e pintura ou xogos a través dos que poderán aprender a reciclar.
O obxectivo é concienciar aos participantes no coidado do medio ambiente e na necesidade de que todos nos impliquemos nesta tarefa, poñendo o noso gran de area para paliar os problemas que está a sufrir a natureza.