Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A actividade Capacitados para coidar o medio ambiente trata de concienciar aos participantes na defensa da natureza

A actividade Capacitados para coidar o medio ambiente trata de concienciar aos participantes na defensa da natureza

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 29 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, en colaboración coas asociacións Dowm Lugo e ASPACE, realizará esta fin de semana a actividade Capacitados para coidar o medio ambiente. O evento, coordinado pola Fundación Solidaridad Carrefour e o CERMI de Galicia, terá lugar na aula número 1 do Pazo de Feiras e Congresos a partir das 12:00 horas do vindeiro sábado 31 de maio.

Os asistentes terán un amplo ábano de actividades nas que participar como o concurso de debuxo baixo o tema do medio ambiente, obradoiros de papiroflexia e pintura ou xogos a través dos que poderán aprender a reciclar.

O obxectivo é concienciar aos participantes no coidado do medio ambiente e na necesidade de que todos nos impliquemos nesta tarefa, poñendo o noso gran de area para paliar os problemas que está a sufrir a natureza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/actividade-capacitados-para-coidar-o-medio-ambiente-trata-de-concienciar-aos-participantes-na