Xuventude recupera as rutas a pé da programación de mocidade activa, con dous tramos polo Camiño Primitivo

Martes, 09 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude recupera as rutas a pé da programación de mocidade activa, con dous tramos polo Camiño Primitivo

O goberno de Lara Méndez dende a área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira recupera, coincidindo coa fase 3 de desescalada, as rutas a pé dirixidas á mocidade activa. Concretamente as dúas últimas etapas do Camiño Primitivo de Santiago, programadas para o 28 de marzo e 18 de abril, respectivamente; e aprazadas por mor do Covid-19. Estas dúas completan a vivencia polo Camiño Primitivo dende Porto do Acebo a Lugo, iniciada o pasado 15 de febreiro.

O sábado, 20 de xuño, terá lugar a terceira etapa, dende A Lastra ata Castroverde, unha ruta de 17 quilómetros con dificultade moderada, e ao sábado seguinte, o 27 de xuño, a cuarta etapa, dende Castroverde ata Lugo, concretamente, rematando nas inmediacións da Casa da Xuventude. Esta última andaina ten 24 quilómetros e unha dificultade moderada-alta.

Hai 30 prazas para participar nestas rutas a pé dirixidas a mozos e mozas de 14 a 35 anos. De xeito provisional, as inscricións realizaranse a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal; facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono; achegando a seguinte documentación con carácter obrigatorio: fotocopia ou foto do DNI/NIE/PASAPORTE  e autorización do pai/nai/titor/a (no caso de se menor de idade). As inscricións poden facerse ata o venres da mesma semana da celebración da andaina.

A participación na ruta seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  1. Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
  2. Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
  3. Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
  4. E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

Máis info

  • Ruta do 20 de Xuño » Camiño Primitivo a Compostela "San Xoán da Lastra a (Baleira)" a Castroverde" | Descargar pdf

Noticias relacionadas