Maite Ferreiro asiste ao inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo celebrado no restaurante Paprica

Maite Ferreiro asiste ao inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo celebrado no restaurante Paprica.

Maite Ferreiro: "O Concurso de Tapas é o certame culinario máis importante de Lugo".

As veciñas e veciños de Lugo poderán degustar e puntuar as tapas ata o vindeiro 23 de novembro.

Venres, 07 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro asiste ao inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo celebrado no restaurante Paprica

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu ao acto de inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo, celebrado hoxe no Restaurante Paprica. No acto estivo presente tamén o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real. Ferreiro destacou que este ano participarán "máis de 40 establecementos de hostalería de Lugo", e afirmou que o Concurso de Tapas é "o certame gastronómico máis importante da cidade". A concelleira de Turismo convidou ás veciñas e veciños de Lugo "e a todas as persoas que se acheguen a probar e puntuar as distintas tapas do concurso ata o vindeiro día 23"

Maite Ferreiro destacou "a importancia do concurso de Tapas para a cidade e para a nosa promoción turística como destino sostible, así como para a hostalería local". Pola súa banda, Cheché Real destacou "o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso"

Entre o 7 e o 23 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as finalistas, que serán avaliadas posteriormente por un xurado profesional.

As persoas que o desexen, poderán votar as distintas tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá ir selado polos establecementos participantes. Cada tapa poderá ser puntuada cunha nota do 1 ao 5. Todos os cupóns presentados participarán no sorteo de distintos premios e, segundo o número de establecementos que se puntúen, as veciñas e veciños participantes poderán gañar distintos premios.

Os locais participantes nesta edición son: 3 Pés, A Laxa, Anda, Antas, Ave César, Bulló Xantar, Casa d’Auga Vinoteca, Casa María, Castor, Coco’s Bar, Colmado 176y9 – Pazo de Orbán, De Vega, Desnivel, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, Fonte do Rei 2, Glam Taoo, Gran Café – Eurostars Gran Hotel Lugo, La Cosechera de 1977, La Escalera, La Pepita Lugo, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Malizzia Street Food, Mercure Lugo Centro – Brasas Brancas, Mesón El Castillo, Cincuenta e Seis, Figón, Galo, Mercado, Orixe do Campo, Paprica, Pasarela, Prebe, Pub Karrusel, Pulpería O Castelo, San Marcos, The Real Coffee, Toni Portela e Tosar by Boni.

Multimedia

  • Maite Ferreiro asiste ao inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo celebrado no restaurante Paprica

Noticias relacionadas