Xuventude abre a inscrición dun curso sobre preparación de rallys para competición impartido por Sergio Vallejo

Doce participantes poderán participar no equipo de asistencia técnica do gran campión de rallys nas edicións do Cocido de Lalín, Rías Baixas e Narón.

A iniciativa enmárcase no programa de Prevención de Drogas impulsada polo Goberno de Lara Méndez a través da área de Xuventude.

O curso dispón de 36 prazas. Os interesados poderán inscribirse dende hoxe en lugomasxti.com,  por rigorosa orde de inscrición.

Xoves, 24 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude abre a inscrición dun curso sobre preparación de rallys para competición impartido por Sergio Vallejo

O Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, adscrito á Concellería de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto, abre a inscrición dun curso sobre preparación de rallys para competición, impartida por Sergio Vallejo e dirixida a veciñanza de Lugo de entre 16 e 40 anos de idade. A actividade está financiada a través dos fondos do Plan Nacional sobre Drogas.

O edil responsable animou á mocidade a apuntarse a esta iniciativa, “xa que é unha ocasión única de aprender dun gran profesional como é Sergio Vallejo, piloto de ralys, que foi campión de España en 2009 e 2014 e subcampión en 2003 e 2008, e que en 2021 terminou segundo na Copa de España de Rallys de Asfalto”.

A actividade, que busca ofrecer alternativas de ocio saudable no marco do programa impulsado polo Goberno de Lara Méndez, consta de tres sesións formativas que se desenvolverán no Polígono do Ceao os sábados durante os meses de abril, maio e xuño.

“Os participantes coñecerán máis a fondo o mundo do motor e, ademais, catro dos participantes de cada sesión, as 12 persoas que máis destaquen polas súas habilidades, poderán participar dentro da asistencia técnica de Sergio Vallejo con todos os gastos pagados no 26 Rally do Cocido de Lalín, no 55 Rally Rías Baixas e no 34 Rally de Narón”, apuntou Mauricio Repetto.

Todos os interesados poderán inscribirse dende hoxe en lugomasxti.com (apartado de inscricións). O total de prazas é de 36.

Curso técnico sobre preparación de un rally para competición

1ª Sesión Formativa (Rally do Cocido de Lalín)

  • Sábado, 2 de abril ,de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
  • Sábado, 9 de abril, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h

2ª Sesión Formativa (Rally Rías Baixas)

  • Sábado, 14 de maio, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
  • Sábado, 21 de maio, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h

3ª Sesión Formativa (Rally de Narón)

  • Sábado, 28 de maio, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
  • Sábado, 4 de xuño, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h

Multimedia

  • Xuventude abre a inscrición dun curso sobre preparación de rallys para competición impartido por Sergio Vallejo

Noticias relacionadas