- Tema

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou do acordo para solicitar un informe á asesoría xurídica no que se expliquen as medidas a adoptar en relación co expedente de investigación interno que se abriu en xuño para estudar os motivos polos que un dos teléfonos do Concello aparecían asociados a unha empresa da cidade.
Así, Luis Álvarez, sinalou que “unha vez analizado extensamente o expediente a Xunta de Goberno Local tomou a decisión de deixar o asunto sobre a mesa coa finalidade de incorporar un informe da Asesoria Xurídica” e desta maneira adoptar a decisión que se considere máis axustada a dereito. Na próxima Xunta de Goberno Local estudiarase as propostas elaboradas polo gabinete xurídico e entre as que poden ser enviar o expediente á Fiscalía para que adopte as medidas oportunas ou a apertura dun expediente disciplinario segundo explicou o Voceiro.
Por outro lado, tamén se acordou desestimar o recurso de reposición presentado polos inquilinos, sempre segundo o que indican os informes emitidos polo Servizo de Arquitectura e de Urbanismo, nos que se acredita a situación crítica dos muros de carga do edificio, o estado xeral da cuberta, as vigas de madeira e o estado interior entre outros aspectos do inmoble número 1 da Praza de Santo Domingo.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a designación dos membros do tribunal cualificador dos procesos selectivos para cubrir unha praza de arquitecto, unha praza de enxeñeiro técnico industrial, tres prazas de delineante, unha praza de auxiliar administrativo e unha praza de celadora de colexio público.