A Xunta de Goberno Local aproba a peatonalización de forma efectiva da Ponte Romana

Xoves, 17 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a inclusión dunha nova clausula nos contratos con empresas nas que se considera unh

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e do que destacou o acordo de peonalizar de forma efectiva a Ponte de orixe romana en base a unha serie de informes de técnicos que asi o aconsellan.

Luis Álvarez explicou que “ante a situación de perigo que existe polo uso simultaneo de peóns e vehículos e pola existencia de viais alternativos que teñen incluso un mellor resultado na ordenación do tráfico decidimos esta opción” ademais de que se recupera un ben arquitectónico e que suporá un atractivo máis para a cidade.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou abrir o procedemento de adxudicación para o contrato da prestación do servizo permanente de seguridade privada sen armas no parque da Milagrosa, espazo delimitado entre a Rúa Rio Narla, Avenida da Coruña, Rúa Monte Faro e Avenida Duquesa de Lugo, durante as 24 horas do día todo o ano. A duración do contrato será de dous anos prorrogables a outros dous. O prezo do contrato para a primeira anualidade é de 168.066,96 euros.

Neste sentido, o Voceiro, explicou que este contrato presenta unha novidade que a partir deste momento se vai a engadir a todos os contratos e no que a empresa está obrigado, a cumprir as obrigas impostas nas disposicións vixentes en materia laboral como é o pagamento dos salarios e as cotizacións a que está obrigado, así como a cumprir as obrigas en materia de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo impostas nas disposicións vixentes.

“Este equipo de goberno  protexe os intereses dos traballadores xa que teñen dereito a recibir a súa nomina e vaise considerar un incumprimento grave o feito de que unha empresa non lles pague aos traballadores conforme ao que teñen establecido nos seus convenios reguladores” segundo manifestou Luis Álvarez.

Outro dos asuntos aprobados foi dar conta da estiamación do marco orzamentario para as anualidades 2014-2016, en base á Lei de Estabilidade Orzamentaria que obriga aos Concellos a realizar esta estimación. Así, o Concello de Lugo, tendo en conta a situación actual, estimou que nas anualidades dos anos 2014, 2015 e 2016 estima uns
ingresos de 88.428.461, 88.470.603, e 89.537.132 euros respectivamente. No mesmo sentido, tamén estima uns gastos de 78.283.345 (2014), 78.673.018 (2015) e 75.794.824 (2016)  para os próximos anos e nos que se aprecia unha baixada grazas á amortización que se está facendo dos créditos bancarios contraidos en épocas anteriores.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou comezar o preceso de incautación por valor de 1.604 euros da garantía da empresa que xestiona o servizo de publicidade dos autobuses urbanos xa que non procederon á retirada dos anuncios dos vehículos. Ademais dáselles un prazo para que a retiren e en caso de non facelo será o Concello quen tome as medidas oportunas para o seu cumprimento.

Multimedia

Noticias relacionadas