A Xunta aproba definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral na Ronda do Carme

Luns, 18 de abril de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana nas marxes da Ronda do Carme recibiu a aprobación definitiva da Xunta.

O Alcalde, José López Orozco, amosou a súa satisfacción porque, segundo dixo “por fin se fai xustiza cos veciños afectados desde 1991”.

O Concello recibiu hoxe unha comunicación da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta que dá conta da aprobación definitiva da modificación do PXOU na Ronda do Carme.

A orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten fecha do 13 de abril e resolve outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual do PXOU de Lugo nas marxes da Rolda do Carme, condicionada a que nas parcelas cualificacadas como Espazos Libres e Zonas Verdes da Ordenanza 12 non se permitirán edificiacións nin vías rodadas.

O documento fora aprobado provisoriamente polo Pleno do Concello o pasado 8 de novembro e supón o cumprimento, por fin, dunha sentenza xudicial favorable ós veciños que durante moitos anos fora imposible executar.

A modificación puntual do Carme, que agora recibe a aprobación definitiva da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xa está incorporada ó novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que está pendente de aprobación definitiva pola Xunta de Galicia.

Noticias relacionadas