As xornadas de Saúde Feminina impulsadas pola área de Muller e Igualdade abordan o xoves o dano cerebral adquirido

Para asistir á charla, impartida no centro cívico Uxío Novoneyra pola Asociación de Dano Cerebral, é necesaria inscrición previa no correo igualdade@lugo.gal.

Martes, 22 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As xornadas de Saúde Feminina impulsadas pola área de Muller e Igualdade abordan o xoves o dano cerebral adquirido

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, que dirixe Ángeles Novo, sigue adiante co desenvolvemento da xornada de Saúde Feminina, un ciclo que hoxe abordará a charla “A muller no dano cerebral adquirido”. A asistencia a esta conferencia é gratuíta e correrá a cargo da Asociación de Dano Cerebral, encargada de impartir esta charla, que se desenvolverá no centro cívico Uxío Novoneyra a partir das 18.30 horas.  Para asistir a esta nova xornada se require inscrición previa no correo igualdade@lugo.gal.

O ciclo de Saúde Feminina reanudarase o vindeiro mes de maio, con dúas charlas sobre a menopausia e a saúde bucodental na muller, e pecharase cunha última charla sobre o lipedema e a importancia do exercicio, prevista para o mes de xuño.

Noticias relacionadas