- Tema
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o vicepresidente da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e dous responsables da organización do Club Fuvial presentaron esta mañá o Campionato Galego de Natación Infantil, masculino e feminino que terá lugar a vindeira fin de semana na cidade.
Grandío indicou que “a natación é un deporte que na nosa cidade conta cada día cun maior número de afeccionados e agardemos que se incrementen coa apertura do novo vaso de Frigsa”.
Un total de 24 clubes e preto de 200 nadadores e nadadoras competirán nas instalacións do Club Fuvial de Lugo o sábado 6 e o domingo 7 de marzo; serán entre 25 e 30 participantes lucenses.
As clasificacións serán as seguintes:
- Total masculina en probas individuais máis os relevos.
- Total feminina en probas individuais máis os relevos.
- Total conxunta .
A xornada matinal do sábado comeza ás 11:00 horas e ás 17:30 horas a da tarde. A xornada do domingo comeza ás 10:00 horas pola mañá e pola tarde ás 17 horas, e a entrega de trofeos está prevista para as 19:00 horas aproximadamente.