Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Uns 200 deportistas de toda Galicia participarán no Campionato Galego de Natación Infantil en Lugo

Uns 200 deportistas de toda Galicia participarán no Campionato Galego de Natación Infantil en Lugo

  • Tema
    • Deportes
Luns, 01 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o vicepresidente da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e dous responsables da organización do Club Fuvial [1] presentaron esta mañá o Campionato Galego de Natación Infantil, masculino e feminino que terá lugar a vindeira fin de semana na cidade.

Grandío indicou que “a natación é un deporte que na nosa cidade conta cada día cun maior número de afeccionados e agardemos que se incrementen coa apertura do novo vaso de Frigsa”.

Un total de 24 clubes e preto de 200 nadadores e nadadoras competirán nas instalacións do Club Fuvial de Lugo [1] o sábado 6 e o domingo 7 de marzo; serán entre 25 e 30 participantes lucenses.

As clasificacións serán as seguintes:
- Total masculina en probas individuais máis os relevos.
- Total feminina en probas individuais máis os relevos.
- Total conxunta .

A xornada matinal do sábado comeza ás 11:00 horas e ás 17:30 horas a da tarde. A xornada do domingo comeza ás 10:00 horas pola mañá e pola tarde ás 17 horas, e a entrega de trofeos está prevista para as 19:00 horas aproximadamente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/uns-200-deportistas-de-toda-galicia-participaran-no-campionato-galego-de-natacion-infantil-en

Ligazóns:
[1] http://www.clubfluviallugo.com