O Concello de Lugo, anfitrión na gala da Asociación Galega de Xestión Deportiva, que se celebra mañá no Fuxan os Ventos

Agaxede distinguirá ao Club Ciclista Cidade de Lugo como mellor programa deportivo e a Muller en Forma, co premio á xestión deportiva con perspectiva de xénero.

O alcalde e o edil de Deportes reuníronse cos responsables de Agaxede para ultimar detalles da gala que premiará a deportistas, clubs e administracións galegas.

Miguel Fernández e Jorge Bustos destacaron a importancia duns galardóns que premian a dirección deportiva e insistiron en que “son exemplo para que as administracións continuemos a traballar neste eido”. 

Xoves, 27 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo, anfitrión na gala da Asociación Galega de Xestión Deportiva, que se celebra mañá no Fuxan os Ventos

O Concello de Lugo converterase mañá venres no anfitrión da gala da Asociación Galega de Xestión Deportiva, que fará entrega dos premios da súa decimo sexta edición, a partir das 20.00 horas no auditorio Fuxan os Ventos. Agaxede distinguirá entre a concesión dos 13 premios deste ano, ao Club Ciclista Cidade de Lugo como mellor programa deportivo, e ao programa Muller en Forma, co premio á xestión deportiva con perspectiva de xénero. Tanto o alcalde, Miguel Fernández, como o edil de Deportes, Jorge Bustos, reuníronse cos resposables de Agaxede para ultimar detalles da gala coa que se distingue a deportistas, clubs e administracións galegas.

O rexedor municipal lembrou que “será unha honra acoller a entrega destes galardóns, que xa distinguiron en dúas ocasións ao Concello de Lugo co Premio á Mellor Xestión Pública do Deporte, e que este ano, ademais, van premiar ao Club Ciclista Cidade de Lugo; ao programa Muller en Forma e á Deputación de Lugo”.

Miguel Fernández e Jorge Bustos mantiveron unha reunión co presidente de Agaxede, Eduardo Blanco, e co coordinador da entidade, Cristián Gavril, para ultimar aspectos deste evento, que xa é unha referencia no sector deportivo e en todo o que atinxe á xestión e á dirección de clubs e de administracións públicas galegas no eido do deporte. 

Noticias relacionadas