- Tema
Luns, 12 de setembro de 2011
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, recibiu hoxe un grupo de peregrinos da cidade italiana de Lugo di Romagna, que visitaron este venres a nosa cidade.
Un dos peregrinos, Vittorio Piva, xa estivera o ano pasado no Concello onde fora recibido polo Alcalde, José López Orozco.
O grupo, formado por oito persoas, aproveitou a súa viaxe a Santiago de Compostela para achegarse hoxe ata Lugo.
A cidade da que proceden, Lugo di Romagna está situada na provincia italiana de Ranvenna.