Últimos días para inscribirse no Corre con Nós, Gran Premio Larsa que terá lugar o domingo 26 de xuño

O Concello de Lugo organiza unha nova proba do Corre con Nós que se terá lugar, na contorna do Parque da Feira de Exposicións.

Todos os interesadas en participar nesta carreira deportiva que se celebrará o domingo 26 de xuño aínda poden inscribirse en www.championchipnorte.com e en https://correconnos.com/

A carreira dará comezo ás 12:00 horas para as categorías infantís e ás 13:00 horas terá lugar a saída para a categoría adulta.

Venres, 17 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Últimos días para inscribirse no Corre con Nós, Gran Premio Larsa que terá lugar o domingo 26 de xuño

O vindeiro martes, 21 de xuño, remata o prazo de inscrición para participar na proba deportiva Corre con Nós, que a Concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, está a organizar para o domingo, 26 de xuño.

“Corre con Nós enmárcase na nosa aposta por fomentar actividades físicas deportivas saudables así como no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para calquer idade” explicaba Repetto.

Nesta proba, como vén sendo habitual, haberá distintas categorías: Minis, Sub10 , Sub12, Sub14, Sub16, Sub18, Absoluta. Concretamente, ás 12:00 horas será a saída das e dos participantes da primeira categoría MINI, que percorrerán unha distancia de 350 metros, a segunda categoría SUB10/SUB12, dende as 12:10 horas, unha distancia de entre 800 mt,a terceira SUB14/SUB16, a partir das 12:25 horas, 1850 metros. Por último, os adultos partirán ás 13:00 horas e terán que correr unha distancia de 5850 metros aproximadamente.

Tal e como informou Repetto, “o circuíto terá un trazado similar ao das pasadas edicións, achegando a actividade deportiva de novo ás inmediacións do  río Miño”. As persoas interesadas en participar aínda poden anotarse, de forma totalmente gratuíta en www.championchipnorte.com e na web https://correconnos.com/.

A recollida de dorsais farase en Intersport Lugo (Edificio Pimentel en rúa Bispo), en horario comercial, o xoves 23 e o sábado 25 de xuño. A carreira dará comezo ás 12:00 horas para as categorías infantís e ás 13:00 horas terá lugar a saída para a categoría adulta. O punto de partida será a o Pazo de Feiras e Congresos.

Máis información en https://correconnos.com/

Noticias relacionadas