A terceira xornada do XXXVI Curso de Saúde Ambiental analiza a xestión dos residuos

Mércores, 04 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A terceira xornada do XXXVI Curso de Saúde Ambiental. Congreso Provincial de Medio Ambiente, co que colabora o Concello de Lugo, xuntou aos expertos entorno ao análise da xestión de residuos. Ao longo de toda a mañá debatiuse sobre a reciclaxe, reutilización e valoración dos residuos urbanos, industriais, orgánicos biodegradables , así como de medicamentos, da construcción e do vidrio.

Na exposición deste tema participaron María Esther Campos, Responsable de Comunicación de Sogama, Ramón Blanco, Director Industrial de Sogarisa, Severiano Ónega, asesor técnico de Agroamb, Mario Zarzuela, Técnico do Departamento de relacións Institucionais de SIGRE Medicamento y Medio Ambiente, Juan Arias, xefe de planta de Danigal-responsable do proxecto SIGRE, José Antonio Chorén, xefe do departamento de Calidade, Prevención, Medio Ambiente e I+D+i de CRC Obras y Servicios, Elvira Camarero, Directora do Gruop GESTÁN, e Juan Carlos Fernández, Director Técnico de Danigal Vidrio.

Xa pola tarde, analizouse a situación das empresas ante o reto ambiental do século XXI, así como a súa contribución ao desenvolvemento sustentable da provincia de Lugo. Entre os relatores estiveron Gumersino Freijoo, catedrático de Enxeñería da USC, José Enrique Rodríguez Coello, Auditor xefe de sistemas de xestión medioambiental de Aenor en Galicia, Pedro José Terroba, Xefe de Medio Ambiente de Alcoa San Ciprián, Gregorio Campillos, Responsable de producción da Fábrica de Cerámica de Sargadelos, e Ascensión Sánchez Carrión, Directora médica do balneario Termas Romanas de Lugo.

Este curso ten como obxecto abordar e debater algúns dos problemas ambientais prioritarios que ten a provincia de Lugo, e está dirixido a todos os que traballan ou están interesados no medio ambiente e na saúde.

Noticias relacionadas