Tenis e natación na axenda deportiva desta fin de semana de Lugo

O Concello colabora co I Torneo Open Making Tenis e co 26º Trofeo Natación Cidade de Lugo, que terán lugar esta fin de semana nas instalacións do Club Fluvial

Mércores, 11 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Tenis e natación na axenda deportiva desta fin de semana de Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o xefe provincial de deportes en Lugo, Manuel Otero “Cadramón”, dous representantes do Club Fluvial, Manuel Castiñeira e Ramón Busto, e os representantes da sección de tenis e natación deste club, Jacobo Núñez e Jaime López, respectivamente, presentaron este mércores no Salón de Plenos o I Torneo Open Making Tenis e o 26º Trofeo Natación Cidade de Lugo, que terán lugar esta fin de semana nas instalacións do club e cos que colabora o Concello. “Enmárcase na nosa aposta por fomentar a promoción de hábitos saudables e o deporte de base, ao tempo que impulsamos a cidade de Lugo”, subliñou Fernández.

No acto de presentación, o Concelleiro tamén fixo fincapé na colaboración entre instituión e clubs para potenciar o deporte de base, en todas as modalidades e para todas idades.

Por outra banda, os representantes do Club Fluvial agradeceron a colaboración das institucións para celebrar encontros deste tipo en Lugo, unha cidade que respira deporte.

XVI Trofeo Natación Cidade de Lugo

Este trofeo terá lugar o 14 de maio nas instalacións do Club Fluvial. Está dividido en dúas sesións: en xornada de mañá a partir das 11:00 horas e de tarde, das 16:30 horas. Nesta competición daranse cita 9 clubs de Galicia e uns 235 nenos de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos, englobando categorías benxamín, alevín e infantil. As probas benxamín e alevín competirán con probas de 50 metros mariposa, espalda, braza e libre, e no caso da infantil, serán 100 metros.

I Open Making Tenis

O I Open Marking Tenis arrincará este 13 de maio. Contará coas cateogías benxamín, alevín e infantil, tanto masculina como feminina federada, ademais de categorías absoluto, veterano junior +35, júnior y open en individuais e dobles, todas estas en categoría masculina. 

Noticias relacionadas