Segue aberto o prazo para participar nos concursos de fotografía e deseño gráfico pola igualdade real entre mulleres e homes

Ana González Abelleira animou á cidadanía a participar no concurso de deseño gráfico e no VI Certame de fotografía Revelando o Machismo, que convoca o Concello para difundir a importancia de acabar coa violencia de xénero

Todos os interesados en participar en ambos concursos poden entregar os seus traballos ata o 14 e o 28 de outubro, respectivamente, na Casa da Muller

Venres, 07 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Benestar Social, Ana González Abelleira, animou este venres á cidadanía a participar no concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero e no VI Certame de fotografía Revelando o machismo, que convoca o Concello para loitar pola igualdade real entre mulleres e homes e para difundir a importancia de acabar coa violencia de xénero.

Nestes concursos poden concorrer cantos autores e autoras o desexen. No caso do de deseño gráfico, os traballos de tamaño e técnica libre, deben ser presentados en soporte ríxido que facilite a súa posible exposición. Sendo requisito indispensable que figure o logotipo do Concello e o logotipo da Casa da Muller. O deseño gañador deste concurso, será o cartel anunciador das actividades do Concello do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Por outra banda, no certame de fotografía, as fotos deben ter un tamaño de 20x30 centímetros como mínimo e 40x50 centímetros como máximo. Hai que presentalas sobre cartolina branca ou cartón ríxido de 50x70 centímetros, cuxo grosor non exceda de 1,5 centímetros. Admítense traballos tanto en branco e negro como en cor.

Os traballos teñen que ser presentados de maneira anónima e baixo lema, e nun sobre adxunto, pechado e baixo o mesmo lema, onde se indiquen os datos persoais da persoa participante.

As fotografías e deseños serán enviados á Casa da Muller, situada no Parque da Milagrosa, na Avenida da Coruña, 212, ata o 14 de outubro e 28 de outubro, respectivamente. O primeiro premio para ambos concursos é de 600 euros.

Pode consultarse máis información na páxina web www.lugo.gal, na Casa da Muller, no teléfono 982-29-74-12 e no enderezo electrónico cmuller@concellodelugo.org.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre o concurso de deseño gráfico e o VI Certame de fotografía Revelando o Machismo | Descargar mp3

Noticias relacionadas