A Corporación Local se suma ao minuto de silencio ante a Subdelegación para condenar un novo crime machista

O asasinato de María Belén, de 52 anos, na localidade pontevedresa de Mos, eleva a seis o número de mulleres vítimas mortais das súas parellas ou ex parellas.

Martes, 03 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa por un novo crime machista, o de María Belén, de 52 anos, asasinada a mans da súa ex parella na localidade pontevedresa de Mos. A concentración tivo lugar esta mañá ante a Subdelegación do Goberno, unha vez confirmado este novo caso de violencia machista.

Tras este crime, son xa seis as mulleres asasinadas no que vai de ano, e 1.349 as mortes confirmadas como crimes machistas desde 2003, ano no que comezaron a contabilizarse estes asasinatos.

Noticias relacionadas