Os asasinatos destas mulleres por violencia machista, que deixaron a cinco menores orfos de nai, elevan a cifra de vítimas ata as 1.348 desde o ano 2003. Estes feminicidios.

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio na concentración celebrada esta mañá ante a Subdelegación do Goberno en sinal de condena e repulsa contra os asasinatos machistas de cinco mulleres no que vai de ano. A delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou a natureza machista dos crimes de Czarina, de 43 anos, nas Palmas de Gran Canaria; María del Pilar, de 38 anos, en Jaén; María Isabel, de 58, en Cádiz; María del Carmen, de 78 anos, en Badajoz; e de Victoria, cunha idade de 33 anos, en Málaga.
Das cinco vítimas mortais, tres eran españolas e dúas estranxeiras, mentres que os feminicidas, catro son españois. Tras estes cinco crimes, que deixaron ademais a outros cinco menores orfos de nai, xa son 1.348 as mulleres asasinadas desde 2003, ano no que comezaron a contabilizarse estes crimes.


