Rosana Rielo saúda ás persoas participantes no curso de iniciación ás redes sociais

Esta acción formativa enmárcase dentro do programa formativo Tecnoloxíza-T!, organizado polo Concello no Edificio de Novas Tecnoloxías

Venres, 27 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rosana Rielo saúda ás persoas participantes no curso de iniciación ás redes sociais

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, saúdou este venres, na Sala de formación do Edificio de Novas Tecnoloxías, ás persoas participantes no curso de iniciación ás redes sociais. Esta acción formativa enmárcase dentro do programa formativo Tecnoloxíza-T!, organizado polo Concello nestas instalacións.

Ata decembro, a entidade local ofrece outras alternativas de formación, como Trámites bancarios on-line, Marketing dixital, Comunícate On-line, Súbete á nube, Posicionamento Web e Seo, Sácalle partido ao Whatsapp, Creación de Apps, Internet segura, Aprende a usar a túa tablet, Introdución á programación e Retoques fotográficos co teu smartphone.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse no Edificio de Novas Tecnoloxías, na Praza de Anxo Fernández Gómez, aberto de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados de 17:00 a 21:00 horas.

A data de inscrición, que é distinta para cada actividade, pode consultarse ben no propio centro, a través do teléfono de atención cidadá 010 ou en www.lugo.gal. Os e as menores de idade deberán contar coa autorización dun titor legal. Cada persoa só se poderá inscribir en dous cursos. Só no caso de que queden prazas libres poderanse admitir a inscrición en máis de dous obradoiros. O acceso aos cursos será por sorteo, que se realizará ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición.

Noticias relacionadas