Publicadas as bases que rexerán o concurso "Movémonos por Lugo" co obxectivo de fomentar o uso da bicicleta na cidade

Entre o 14 e o 23 de abril, instalaranse na Senda Verde Ciclista 12 adhesivos. Para participar no sorteo haberá que atopar tres e subir unha foto con cada un destes puntos.

O mércores, 26 de abril, na praza da Ronda do Carme depositaranse as participacións nunha furna. O sorteo realizarase nesta mesma praza ás 20.30 h.

Haberá dúas categorías: a de adultos que participaría no sorteo dun vale por un importe de 2000 euros, e a infantil que optará a un vale por importe de 500 euros.

Repetto convida á poboación a participar no concurso é promover a mobilidade sostible entre a cidadanía así como impulsar o uso da bicicleta na cidade como medio de transporte habitual.

Mércores, 12 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Publicadas as bases que rexerán o concurso "Movémonos por Lugo" co obxectivo de fomentar o uso da bicicleta na cidade

O Concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, daba a coñecer esta mañá as bases que rexerán o concurso "Movémonos por Lugo", un sorteo-concurso gratuito, que terá lugar entre o 14 e o 23 de abril, e lévase a cabo co obxectivo de “fomentar o uso da bicicleta na cidade”.

Repetto convida á poboación a participar no concurso e promover a mobilidade sostible entre a cidadanía así como impulsar o uso da bicicleta na cidade como medio de transporte habitual e, nesta liña, ofrecer a oportunidade de acadar vale económico para intercambiar por material de ciclismo.

A mecánica de participación é moi sinxela, entre o 14 e o 23 de abril, instalaranse na Senda Verde Ciclista 12 adhesivos. Para participar no sorteo deberás atopar tres e subir unha foto coa túa bicicleta con cada un destes puntos. Para conseguir unha participación deberás escanear o código QR que atoparas nestas ubicacións e cubrir a folla de inscrición na que deberás subir as 3 fotografías. Poderás conseguir ata un máximo de 4 participacións.

Imprime as participacións que recibirás no teu correo e achégate o mércores, 26 de abril das 16.00h ás 20.00h. á mesa que instalaremos na praza da Ronda do Carme para que poidas introducir as túas participacións na urna do sorteo. O sorteo realizarase nesta mesma praza ás 20.30 h.

Haberá dúas categorías: a de adultos que participaría no sorteo dun vale por un importe de 2000 euros, e a infantil que optará a un vale por importe de 500 euros que poderán intercambiar por material de ciclismo (bicicleta, roupa deportiva...) nalgún dos pequenos comercios da cidade incluídos no listado de tendas de bicicletas elaborado desde a Mesa Observatorio no marco do Centro de Promoción da Bicicleta.

As bases poderán consultarse en calquera momento na páxina web www.concellodelugo.gal e en www.xuventudelugo.gal.

Paralelamente ao concurso "Movémonos por Lugo":

Actualmente está en marcha un curso de mantemento e reparación de bicicletas convencionais, eléctricas e outros vehículos de mobilidade urbana, dentro da programación do Lugo +Xti 2023, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas dirixido a lucenses de 16 a 39 anos, empadroados en Lugo.

A formación, totalmente gratuíta, conta con 12 prazas. Estase a impartir todos os venres de 16:30 a 20:30h, desde o pasado 17 de marzo e finalizará o 27 de maio, e os sábados 15 de abril e 13 e 27 de maio, de 10:00 a 14:00h, na Casa da Xuventude.

Documento

 

Noticias relacionadas