- Tema
A Escola Municipal de Música vén de públicar a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso, así como as listas de espera de todas as materias. Ambas as dúas poden consultarse nas propias instalacións da escola. Estas listas resultaron dun sorteo público, por letra, tanto para a adxudicación de prazas como de horarios.
Para o vindeiro curso, o Concello ofrece un total de 910 prazas en 22 instrumentos e disciplinas diferentes. As materias que se impartirán divídense en catro bloques que conteñen as seguintes prazas: 28 de frauta traveseira; 60 de clarinete; 45 de saxofón; 10 de fagot; 6 de trompa; 18 de trompeta; 18 de trombón; 3 de tuba-bombardino; 17 de percusión; 22 de gaita; 8 de pito pastoril galego; 14 de piano; 82 de música e movemento; 180 de formación básica; 200 de linguaxe musical; 120 de formación para adultos (a partir de 16 anos); 15 de improvisación; 6 de gravación de edicións e son e iniciación á informática musical; 15 de big band; 15 de círculo de tambores; 8 de grupo percusión tradicional e 20 combo de formación de adultos.
As especialidades para as que non hai límite de prazas son: grupo de clarinetes; grupo de saxofóns; banda; banda infantil; coro moderno; grupo tradicional; grupo didáctico de pito pastoril galego; charanga; grupo de pandeiretas; grupo de metais graves e aula de técnica base metal grave