A maxia encherá algunhas das portas da Muralla con espectáculos abertos e gratuítos cos que celebrar este 25 aniversario

O mago Rafa e a ilusionista Lore Lavand abren o sábado na Praza do Ferrol o seu Baúl da Maxia, con pases de mañá e tarde íntimos, visuais, sorprendentes e para todos os públicos.

O alcalde destaca “o elemento máxico que posúe a muralla; por iso pensamos que un espectáculo así era perfecto para festexar esta data e facer partícipe a toda a cidadanía”.

Esta fin de semana, actuarán en catro pases pola mañá e seis pola tarde, na contorna de San Fernando, mentres que o seguinte o espectáculo se trasladará á Porta da Estación.

Venres, 21 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A maxia encherá algunhas das portas da Muralla con espectáculos abertos e gratuítos cos que celebrar este 25 aniversario

Co obxectivo de que a maxia e a ilusión tiveran un papel protagonista na celebración do 25 aniversrio da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, desde a área de Alcaldía optouse por levar un espectáculo de ilusionismo a algunhas das portas do monumento, con pases íntimos, sorprendentes, visuais e, por suposto, abertos e gratuítos para todos os públicos.

Os encargados de traer este espectáculo son o mago Rafa e a ilusionista Lore Lavand, que abren o sábado na Praza do Ferrol o seu “Baúl da Maxia”, unha experiencia deseñada específicamente para sorprender a pequenos grupos de espectadores nesta caravana transformada en teatro, para ofrecer un espectáculo único, pero tamén celebrar, a través do ilusionismo, os 25 anos de distinción da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Neste sentido, o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sinalou que “queriamos que a maxia e a ilusión tiveran un papel protagonista na programación deste aniversario, porque estes conceptos tamén forman parte dalgunha maneira da nosa muralla, e porque era un medio para conectar o patrimonio co arte, e facer partícípe a toda a cidadanía”. Así, este baúl máxico é, segundo explican os seus responsables unha forma de encher de maxia, emoción e poesía cada rincón do monumento universal.

Programa e pases

Este sábado e domingo, días 22 e 23, o Baúl da Maxia estará na contorna da Praza do Ferrol, con catro pases cada media hora, desde as 12.00 ata as 13.30 en horario de mañá, a cargo de Lore Lavand, e con seis sesións á tarde do mago Rafa, entre as 17.00 e as 19.30 horas.

Para o seguinte fin de semana, os horarios deste espectáculo máxico variarán lixeramente para non solaparse con outras actividades contempladas na programación deseñada desde a área de Alcaldía do Concello de Lugo.

Así, o Baúl da Maxia estará na porta de Campo Castelo o sábado 29, para ofrecer catro pases de Lore Lavand desde as 12.00 ás 13.30, e outros catro do mago Rafa, das 17.00 ás 18.30 horas. O día 30, mantense a localización, pero as pases da mañá serán a cargo do mago Rafa, entres as 11.30 e as 13.00 horas, mentres que Lore Lavand fará o propio pola tarde con catro pases das 17.00 ás 18.30 horas.

Localizacións e horarios

Praza do Ferrol. Día 22 (sábado)
Lore Lavand
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30
Mago Rafa
17:00, 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 e 19:30

Praza do Ferrol. Día 23 (domingo)
Mago Rafa
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30
Lore Lavand
17:00, 17:30, 18:00,18:30, 19:00 e 19:30

Porta de Campo Castelo. Día 29 (sábado)
Lore Lavand
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30
Mago Rafa
17:00, 17:30, 18:00 e 18:30

Porta de Campo Castelo. Día 30 (domingo)
Mago Rafa
11:30, 12:00, 12:30 e 13:00
Lore Lavand
17:00, 17:30, 18:00 e 18:30

Noticias relacionadas