Ferreiro: "As corais de Lugo forman parte da celebración máis importante da cidade".
O Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a actuación das catro principais corais de Lugo: Cántigas e Frores, Solo Voces, Cuarto Ciclo e Lugh.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada pola edil de Educación, Iria Buide, visitaron o ensaio dalgunhas das corais que participan mañá nun encontro de corais organizado pola Tenencia de Alcaldía dentro do programa de actividades polo 25º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro destacou que "as corais dan comezo a unha intensa semana de programación cultural", e engadiu "só se celebra este 25º aniversario, senón tamén o 10º aniversario da declaración do Camiño Primitivo e da Catedral de Lugo como Patrimonios da Humanidade".
A programación cultural organizada pola Tenencia de Alcaldía comeza o mércores 26 cun encontro de corais no auditorio Fuxan os Ventos ás 19 horas. A Tenencia de Alcaldía contará con Cántigas e Flores, que está preto de cumprir 80 anos de historia, Solo Voces, Grupo Coral Lugh e co Cuarto Ciclo da USC, unha coral moi numerosa e que participa en moitísimas actividades culturais e sociais de Lugo.
O día 27 o MIHL acollerá unha actividade destinada a público familiar a partir das 18:00. Dentro da programación de animación á lectura, a profe Alba convidará ás nenas e nenos de Lugo a unha sesión única na súa cociña de contos. Prepararemos xuntos unha historia nova, mesturando diversión, maxia e imaxinación. Unha experiencia saborosa e inesquecible para nenos, nenas e familias. O público adulto desfrutará tamén o día 27 de programación teatral co espectáculo Ellos y Yo de Jordi Font, que comezará ás 20:30. Trátase dunha viaxe íntima e conmovedora a través do imaxinario dun neno que se fai maior. Onde os recordos da infancia desvelan unha historia real que marca de por vida unha familia. "Ellos y yo", fala desde recordos e da perda; a perda da inocencia, a perda de alguén querido, a perda do imaxinario. "Ellos y yo, o aquella sensación de que los árboles te miran" é un espectáculo que combina o teatro de obxectos e o videomapping onde a fenda entre realidade e fantasía desaparece.
O día 29 de novembro o auditorio Fuxan os Ventos acollerá á Orquestra Filharmónica e o propio día 30 volverá actuar a Banda Municipal, cun concerto previsto para o Templete da Música da Praza Maior, volvendo tocar despois de dar un concerto durante as Festas de San Froilán.
Ademais, o teatro continuará o domingo 30 co espectáculo SUM, peza teatral para primeira infancia que terá lugar no auditorio Gustavo Freire con dous pases ás 17:00 e ás 18:30. SUM foi gañadora do Premio Fetén 2025 ao mellor espectáculo para primeira infancia, "un espectáculo de gran calidade para que tamén as nenas e nenos máis pequenos poidan celebrar esta data", afirmou Arroxo. Na lingua Akan a palabra SUM significa SOMBRA. Este espectáculo somérxese na sombra, na nosa sombra, no máis amplo sentido da palabra. Fala desa silueta escura que constitúe unha proxección de nós mesmas, dos nosos medos, desexos, descubrimentos.... Que medra con nós, que nós acompaña sempre, que contén todo aquelo que forma parte da nosa identidade. Esa sombra podemos facela grande, grandísima e tamén pequena. Podemos xogar a deformala, a transformala, a bailar con ela...En SUM xogamos coa nosa sombra ata perdela!
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as actividades do 25 A | Descargar mp3


