As escolas de baile Gravitty e Star Dance crean un flashmob para festexar os 25 anos da Muralla como Ben Mundial

Ambas academias colaboran coa área de Alcaldía do Concello de Lugo para ofrecer este baile grupal, o vindeiro día 30, ás 13.30 horas, na contorna da praza do Ferrol.

As dúas escolas invitan a toda a cidadanía a participar neste baile, que ten desde hoxe no enlace https://youtu.be/sjk3OH3FMGo o titorial necesario para aprender unha sinxela coreografía.

A música do coñecido tema “Terra”, das Tanxugueiras, será a banda sonora dun baile co que se busca, a través da danza, conmemorar unha data histórica para as e os lucenses

Luns, 24 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As escolas de baile Gravitty e Star Dance crean un flashmob para festexar os 25 anos da Muralla como Ben Mundial

As escolas de baile de Lugo Gravitty Humans in Motion e Star Dance crearon estes días unha coreografía conxunta coa que levarán a cabo un flashmob para festexar os 25 anos da Muralla como Ben Mundial. En colaboración coa área de Alcaldía do Concello de Lugo, ambas academias ceraron unha sinxela coreografía, para interpretar este baile grupal, o propio día 30, data da efeméride, a partir das 13.30 na contorna da Praza do Ferrol.

Ademais das bailarinas e bailaríns destas escolas, desde o Concello de Lugo invitan a toda a cidadanía a entrar no enlace de youtube https://youtu.be/sjk3OH3FMGo e acceder ao tutorial que imparten Rubén Hamade e Rubén Díaz, de Gravitty e Star Dance, respectivamente, para aprender os pasos que permitan celebrar un flashmob histórico e multitudinario.

A música do coñecido tema “Terra” das Tanxugueiras porá a banda sonora a esta nova actividade, coa que desde o Concello se busca a participación de lucenses de todas as idades para festexar un logro que tamén foi o resultado do esforzo colectivo de moitas persoas.

A área de Alcaldía do Concello de Lugo repartirá camisetas co logotipo conmemorativo dos 25 anos do aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade a todas e todos os que se acheguen ata a Praza do Ferrol para tomar parte nesta nova iniciativa artística. 

Noticias relacionadas