Preto de 250 persoas achegáronse ás praias da Mariña e A Coruña grazas ás viaxes subvencionadas do Concello

Os participantes visitaron durante xullo e agosto as praias de Ribadeo, A Coruña, Ferrol, Cariño, Viveiro e Foz

O 85% dos viaxeiros foron homes e mulleres maiores de 65 anos, aínda que tamén se anotaron familias con nenos e nenas, e mozos e mozas

Mércores, 19 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Preto de 250 persoas se achegaron ás praias da Mariña e da zona da Coruña durante os meses de xullo e agosto, grazas ás viaxes subvencionadas do Concello. Trátase dunhas excursións postas en marcha pola entidade local, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, pensadas para que as persoas que non tiveran a oportunidade de achegarse á praia poideran facelo de maneira máis económica, pois soamente debían aboar 4,12 euros.

Os participantes, que partían ás 09:00 horas dende diante do Centro de Convivencia Fingoi e regresaban a Lugo sobre as 19:00 horas, visitaron as praias de Ribadeo, A Coruña, Ferrol, Cariño, Viveiro e Foz. En todas as viaxes, os participantes fixeron unha parada en vilas e cidades próximas ao destino. Deste xeito, coñeceron A Pontenova, Guitiriz, Betanzos, Vilalba e Mondoñedo.

A excursión con máis participantes foi a da praia de Cariño, con 52, e a de Foz, con 51. O 85% dos viaxeiros eran homes e mulleres maiores de 65 anos, aínda que tamén se anotaron familias con nenos e nenas, e mozos e mozas. 

Noticias relacionadas