Presentada no Salón de Plenos a 2ª Copa Internacional de Pentatlón Moderno Memorial José Carlos Vidal

Xoves, 09 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentada no Salón de Plenos a 2ª Copa Internacional de Pentatlón Moderno Memorial José Carlos Vidal

A Vicevoceira do Concello, Carmen Basadre, acompañada polo xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Cadramón, o representante do club Terras de Lugo, Paco Villanueva, e os campións Cristobal Rodríguez e Aroa Freira, presentaron este xoves no Salón de Plenos a 2ª Copa Internacional de Pentatlón Moderno, que leva o nome do finado José Carlos Vidal, exdirectivo do club organizador Terras de Lugo.

As probas de natación desta copa levaranse a cabo o domingo,12 de marzo, dende as 09:00 horas na piscina municipal de Frigsa, sendo o Complexo Deportivo das Pedreiras o que acolla a competición de esgrima e combinada.

Noticias relacionadas