A Praza Maior, Praza Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo disporán de rede wifi nas próximas semanas

O Concello de Lugo informa que nas próximas semanas os cidadáns poderán acceder a wifi con acceso gratuíto a Internet na Praza Maior, na Praza de Anxo Fernández Gómez, e na Praza de Campo Castelo

Martes, 28 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Así, a mediados do mes de maio, os cidadáns poderán acceder a Internet de maneira gratuíta en calquera destas tres prazas. Para isto, estanse instalando 6 puntos wifi: 2 na fachada da Casa do Concello e que non serán visibles, 2 no templete da música para dar cobertura a toda a parte baixa da praza; así como outra antena na parte de atrás do Casa do Concello para dar cobertura ás prazas de Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo. A conexión, que se poderá facer dende calquera dispositivo móbil (ordenador portátil, PDA, teléfono…), será libre e gratuíta.

O presuposto de inversión é de case 22.000 euros financiados mediante un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo a través do programa Innova-TE. Estas tres novas prazas súmanse á rede wifi que xa funciona na Praza de San Marcos e que ten unha media diaria de 150 usuarios.

Noticias relacionadas