A concellería de Deportes estivo realizando melloras de mantemento durante o mes de xullo no complexo deportivo de As Pedreiras
Traballouse en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas municipais e de ofrecer servicios e actividades que promovan a práctica de deporte
As piscinas interiores climatizadas de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto por mantemento, pero si as exteriores

A concellería de Deportes, dirixida por Miguel Fernández informa que a piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto, tras permanecer pechadas por estar realizando nas mesmas tarefas de mantemento. Por outra banda as piscinas interiores climatizadas de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto, debido ao inicio de traballos de conservación das instalacións, pero si permanecerán abertas as exteriores.
O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez recalcou que dende o concello ‘traballamos en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas co fin de promover a actividade física dos veciños do concello lucense’.
Horario complexo deportivo de As Pedreiras:
- De luns a venres de 08.00h a 22.30h
- Sábados de 10.00h a 13.30h e de 18.00h a 20.15h
- Domingos de 10.00h a 13.30h
- Mantense a cita previa no 982 297 310