Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto

A piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto

A concellería de Deportes estivo realizando melloras de mantemento durante o mes de xullo no complexo deportivo de As Pedreiras

Traballouse en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas municipais e de ofrecer servicios e actividades que  promovan a práctica de deporte

As piscinas interiores climatizadas de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto por mantemento, pero si as exteriores

  • Tema
    • Deportes,
    • Natación,
    • Instalacións deportivas
Venres, 31 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto

A concellería de Deportes, dirixida por Miguel Fernández informa que a piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto, tras permanecer pechadas por estar realizando nas mesmas tarefas de mantemento. Por outra banda as piscinas interiores climatizadas de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto, debido ao inicio de traballos de conservación das instalacións, pero si permanecerán abertas as exteriores.

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez recalcou que dende o concello ‘traballamos en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas co fin de promover a actividade física dos veciños do concello lucense’.

Horario complexo deportivo de As Pedreiras:

  • De luns a venres de 08.00h a 22.30h
  • Sábados de 10.00h  a 13.30h e de 18.00h a 20.15h
  • Domingos de 10.00h  a 13.30h
  • Mantense a cita previa no 982 297 310

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/piscina-de-pedreiras-retoma-actividade-o-publico-este-sabado-dia-1-de-agosto