Olga Racamonde convida ás Ong’s locais a solicitar as subvencións municipais para proxectos de sensibilización social en Lugo

O pasado venres publicábase no BOP a convocatoria, dotada cun orzamento de 9.899 euros

Xoves, 17 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Olga Racamonde convida ás Ong’s locais a solicitar as subvencións municipais para proxectos de sensibilización social en Lugo

Dende este luns permanece aberto o prazo para que as ong’s que desenvolven proxectos de sensibilización social en Lugo poidan concorrer ás subvencións municipais.

A convocatoria saía publicada o pasado venres no Boletín Oficial da Provincia, inciándose así este luns, por ser festivo nacional o sábado 12 de outubro, o período de 20 días hábiles para solicitar a súa concesión.

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde convida ás entidades non gubernamentais a participar no proceso e a solicitar estas achegas para as que a administración local habilitou unha partida de 9.899 euros.

“Dende os Servizos Sociais municipais animamos ás organizacións locais a presentar os seus proxectos nas próximas semanas e a aproveitar a existencia destes fondos para tratar de poñer en marcha as súas iniciativas no eido da concienciación cidadá. Non queremos que ningunha proposta interesante se quede no caixón por deixar pasar esta oportunidade”.

Olga López Racamonde indicou que os colectivos interesados teñen ata principios de novembro para solicitar estas axudas que se resolverán nun prazo de 6 meses.

Para a súa concesión, teranse en conta, entre outros aspectos, a experiencia da organización, a sostibilidade da intervención ou o grao de adecuación do proxecto ás prioridades recollidas nas bases, que xa se poden consultar na páxina web do Concello, a través do buscador.

Noticias relacionadas