“O 25N obríganos a mirar de fronte unha realidade que segue sendo inaceptable. Cada día hai mulleres que sofren violencia polo simple feito de selo, e como administración pública temos a responsabilidade de actuar”, sinalou o rexedor.
“A violencia machista é unha lacra estrutural que non entende de fronteiras nin ideoloxías. Por iso é imprescindible a implicación de todas as administracións. Non abonda con declarar boas intencións: precisamos recursos”, sinalou Ángeles Novo.
O progama inclúe un campaña insitucional coa Muralla como protagonista, unha mostra de fotografía, un foro de debate, actividades nas ludotecas para nenos e nenas, música e un acto central completado con varias iniciativas impulsadas da man do tecido asociativo.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, presentaron hoxe o programa municipal do 25N, unha ampla proposta de actividades culturais, divulgativas e sociais que se desenvolverán entre o 24 de novembro e o 1 de decembro para visibilizar, sensibilizar e implicar á sociedade na loita contra a violencia machista.
Durante a presentación, o alcalde destacou a relevancia deste programa e o compromiso firme do Concello coa igualdade. “Este é, sen dúbida, un dos programas máis importantes do ano. Non se trata só dunha programación cultural ou divulgativa: trátase dun compromiso social e político coa defensa dos dereitos das mulleres, coa liberdade e coa igualdade real. O 25N obríganos a mirar de fronte unha realidade que segue sendo inaceptable. Cada día hai mulleres que sofren violencia polo simple feito de selo, e como administración pública temos a responsabilidade de actuar, de concienciar e de acompañar ás vítimas, pero tamén de educar e previr.”
Fernández engadiu que “Lugo é unha cidade comprometida, que non cala, que non mira para outro lado e que entende que esta loita é colectiva. Non pode haber retrocesos nin ambigüidades: a vida e os dereitos das mulleres non se discuten”.
Pola súa banda, a concelleira Ángeles Novo puxo o foco na necesidade de sumar esforzos en todos os niveis da sociedade. “A violencia machista é unha lacra estrutural que non entende de fronteiras nin ideoloxías. Por iso é imprescindible a implicación de todas as administracións, de todos os poderes públicos e de toda a cidadanía. Non abonda con declarar boas intencións: precisamos recursos, coordinación e unha mensaxe unitaria e firme. Só coa unidade institucional e o compromiso social poderemos avanzar cara a unha Lugo máis segura, máis libre e máis xusta para todas as mulleres”, afirmou antes de desgranar o programa municipal para este 25-N.
Novo comezou anunciando que o Concello porá en amrcha unha campaña municipal que se desenvolverá do 24 de novembro ao 1 de decembro, coa instalación de paneis con mensaxes contra a violencia machista nas portas da Muralla, así como unha instalación conmemorativa no balcón do Concello.
Un dos actos principais será a exposición “29 Miradas”, un proxecto artístico colectivo en defensa das mulleres afgás. Máis de 70 profesionais da fotografía, xornalismo, literatura, cinema, socioloxía e deporte colaboran nunha mostra que inclúe 32 imaxes recreadas en diversos puntos de España acompañadas de textos de autoría destacada.
Esta mostra complétase con documentos e testemuños de mulleres afgás refuxiadas, como Khadija Amin ou Nilofar Ayoubi, xunto con traballos do reporteiro Antonio Pampliega e a participación da deportista Sandra Sánchez. Ademais, nas ludotecas Maruja Mallo e A Milagrosa, nenos e nenas de 6 a 11 anos participarán en obradoiros de educación en igualdade que promove o diálogo, o respecto e o pensamento crítico a través da expresión creativa.
Pola súa banda, o Foro polo Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres, retransmitido pola Voz de Galicia, reunirá o 24 de novembro no Impuslo Verde a profesionais de referencia como Sandra María Piñeiro Vilas, presidenta da Audiencia Provincial, así como asesoras e psicólogas dos CIM de Lugo e Sarria e Persoal especializado en violencia de xénero da Policía Nacional (UFAM). No coloquio se epoñerán disitntos retos de futuro na loita contra esta lacra social.
Ademais, o acto central celebrarase o 25 de novembrona Praza de Santo Domingo as 13 horas e contará coa lectura do manifesto por parte de Karla Andreina Bohorquez Henriquez, usuaria da Casa da Muller, e coa actuación musical de Branca Villares. De xeito complementario se programa para ese mesmo día unha seire de actividades de sensibilización co tecido social. Deste xeito, en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, repartiranse abanicos morados como símbolo colectivo de rexeitamento á violencia machista a a partir das 13.30 horas en Santo Domingo.
Así memso o Vello Cárcere, acollerá ás 18 horas a montaxe “Mulleres contra a violencia. Susurrando, falando, berrando, Soando”, organizado pola Asociación Corazóns Artesáns, con estampa de camisetas, poesía, cantigas dirixidas por Blanca Villar, e a estrea da cantiga Torna e torna e torna, un chamamento ao coidado propio e colectivo. Novo concluíu a súa inetrvención destacando que este tipo de actividades imnpulsadas desde a súa Área “pretenden mobilizar a sociedade lucense e reforza a unidade institucional amosando un claro e decidido compromiso pola igualdade e na defensa dos dereitos das mulleres”.



