No primeiro semestre do ano 2015 esta oficina do Concello que ofrece información, axuda e asesoramento aos consumidores para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumo, atendeu un total de 203 reclamacións
Preto do 53% das queixas son cuestións relacionadas co servizo de telefonía e electricidade. O sector téxtil e do calzado ten escasas reclamacións
No primeiro semestre do ano 2015, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) atendeu un total de 203 reclamacións, 18 menos que o mesmo período do ano anterior. Esta oficina resolve o 84,5% das reclamacións presentadas, grazas ao seu papel mediador entre o consumidor e a empresa.
Os meses que máis reclamacións se presentaron nesta oficina do Concello que ofrece servizo de información, axuda e asesoramento aos consumidores e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumo, foron xaneiro e xuño, con 38 reclamacións, seguidos moi de preto por maio, con 37. O mes que menos reclamacións tramitaron foi febreiro, con 29.
Preto do 53% do total de reclamacións son cuestións relacionadas co servizo de telefonía e electricidade. No caso das compañías telefónicas aténdense maioritariamente facturacións incorrectas, problemas de cobertura, mala prestación dun servizo, garantías dos terminais e instalacións, entre outras. No que se refire ás compañías eléctricas, trátase de facturacións ou lecturas de contador incorrectas, cortes de suministro, incumprimento de prazos ou cambios de compañía fraudolentos.
O resto dos sectores sobre os que se reciben queixas son a banca, automóbil novo e usado, seguros médicos ou de accientes, compañías aéreas, academias de ensino, electrodomésticos, gasolineiras, xoierías, perruquerías, transporte, correos, tintorerías, ximnasios, etc. O sector téxtil e de calzado ten escasas reclamacións, debido á información da que dispón o consumidor e ás boas prácticas de venda do sector.