O ministro Albares comparte co tecido empresarial lucense as prioridades do Goberno español durante a presidencia da UE

O responsable de Asuntos Exteriores reuniuse con emprendedores e emprendedoras do concello para abordar o proceso de internacionalización das empresas da cidade.

“Lugo vai ter unha das reunións crave da presidencia española da Unión Europea que é a Conferencia de alto nivel sobre envellecemento e despoboamento”, lembrou Albares.

Lara Méndez: “Dende o executivo estamos a traballar nun cambio de modelo produtivo que xere oportunidades para que o talento e a nosa mocidade non teña que marchar”.

Mércores, 19 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ministro Albares comparte co tecido empresarial lucense as prioridades do Goberno español durante a presidencia da UE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores, no edificio municipal Impulso Verde, ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, no marco do encontro co tecido produtivo lucense ‘Lugo en Europa’ que organizou o Concello para abordar o proceso de internacionalización que están a experimentar as empresas da cidade.

Durante o mesmo, o ministro compartiu cos emprendedores e emprendedoras participantes as prioridades do Goberno español durante a Presidencia do Consello da UE durante este segundo semestre de 2023, entre as que se atopan a unidade de Europa, a reindustrialización, a igualdade fiscal, o coidado dos maiores ou a formación dos mozos, entre outras.

Así mesmo, Albares lembrou que “Lugo vai ter unha das reunións crave da presidencia española da Unión Europea que é a Conferencia de alto nivel sobre envellecemento e despoboamento, que vai ter lugar o 8 de setembro, onde se vai a debater e se van a tomar decisións crave para o coidado dos nosos maiores en Europa e tamén para a cohesión territorial e a loita contra o despoboamento”.

Neste senso, Lara Méndez quixo “agradecer tanto ao ministro como ao presidente do Goberno que tiveran en conta a nosa cidade para acoller esa conferencia de alto nivel, que contribuirá a poñer a Lugo no mapa Europeo e internacional; e, ao mesmo tempo, para falar desa temática tan importante, porque o que estamos a facer desde Lugo é intentar revertir esa situación demográfica con proxectos como o que hoxe estamos a ver aquí: o Impulso Verde”.

“Dende o executivo municipal estamos a traballar nun cambio de modelo produtivo que xere oportunidades para que o talento e a nosa mocidade non teña que marchar con proxectos tan importantes como pode ser o Lugo Transforma co que impulsamos novas oportunidades laborales”, explicou a rexedora.

“O feito de que Lugo sexa unha das cidades españolas que acollerán un destes encontros é un motivo de satisfacción e un impulso para seguir traballando neste eido; para revertir a situación hai que poñer os instrumentos e tamén os foros e debates oportunos para sacar conclusións, proxectos e ideas que contribúan a paliar ese reto demográfico”, concluíu Méndez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Xornada Europea sobre o Reto Demográfico | Descargar mp3
  • O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, sobre a Xornada Europea sobre o Reto Demográfico | Descargar mp3

Multimedia

  • O ministro Albares comparte co tecido empresarial lucense as prioridades do Goberno español durante a presidencia da UE
  • O ministro Albares comparte co tecido empresarial lucense as prioridades do Goberno español durante a presidencia da UE

Noticias relacionadas