O IV Torneo Lugo é Basket reunirá a 4.000 persoas esta fin de semana co apoio do Concello e a Deputación

O evento, que terá lugar este venres, sábado e domingo no Pazo dos Deportes, reunirá aos tres equipos galegos da Liga Española de Baloncesto Ouro: o Leyma Basquet Coruña, o Club Ourense Baloncesto e o anfitrión, o Cafés Candelas Breogán

No acto, o Concelleiro de Depotes subliñou que “Lugo é unha cidade, unha provincia que respira baloncesto, contando cunha das mellores afeccións de España, por iso no é de estrañar a grande expectación creada en torno a esta cuarta edición do Torneo”

O Deputado de Deportes engadiu que “é unha oportunidade única para que os afeccionados a este deporte poidan gozar dalgúns dos xogadores de referencia da categoría LEB Ouro, reunino na nosa cidade aos tres equipos galegos da elite do baloncesto nacional”

Xoves, 14 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O IV Torneo Lugo é Basket reunirá a 4.000 persoas esta fin de semana co apoio do Concello e a Deputación

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto ao o Presidente do CB Breogán, Suso Lázare, e o Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos o IV Torneo Lugo é Basket, que terá lugar o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de setembro, no Pazo dos Deportes da capital luguesa. Prevese que asistan aos encontros ao longo da fin de semana unhas 4.000 persoas.

A entidade local colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón na organización desta cita, que reunirá aos tres equipos galegos da Liga Española de Baloncesto Ouro: o Leyma Basquet Coruña, o Club Ourense Baloncesto e o anfitrión, o Cafés Candelas Breogán, cunha achega de 3.000 euros. A cuarta edición do Torneo Lugo é Basket tamén conta co apoio da Deputación.

No acto, Miguel Fernández subliñou que “Lugo é unha cidade, unha provincia que respira baloncesto, contando cunha das mellores afeccións de España, por iso no é de estrañar a grande expectación creada en torno a esta cuarta edición do Torneo. Gracias a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, as tres afeccións galegas da LEB OURO, demostrarán ao mundo do deporte a boa sintonía e confraternidade reinante entre eles. Polo que, dende o Concello de Lugo quero convidar, non só á afección de Lugo, senón á de Ourense e A Coruña, á de toda Galicia, a que veñan gozar dunha fin de semana de bo baloncesto”.

Pola súa banda, Pablo Rivera engadiu que “é unha oportunidade única para que os afeccionados ao deporte da canastra poidan gozar durante a fin de semana dalgúns dos xogadores de referencia da categoría LEB Ouro, reunindo na nosa cidade aos tres equipos galegos da elite do baloncesto nacional. Por iso, quero convidar a todas as persoas a que se acheguen a presenciar os encontros, como antesala do inicio da temporada regular”.

As entradas para presenciar os encontros terán un prezo de 5 euros, e tamén haberá a posibilidade de mercar un bono para os tres encontros por un prezo de 10 euros. Os menores de 11 anos poderán acceder ao Pazo totalmente de balde. As entradas xa se atopan á venta en Élide. Máis información en ajsc_lugo@hotmail.com ou na conta de Twitter @AXSC.

Programa de encontros e actuacións

Venres 15

  • 20:45 horas - Leyma Basquet Coruña – Cafés Candelas Breogán

Sábado 16

  • 19:00 horas - Club Ourense Baloncesto – Leyma Basquet Coruña

Domingo 17

  • 18:00 horas - Cafés Candelas Breogán – Club Ourense Baloncesto
  • 19:45 horas - Entrega de trofeos

O torneo poderase ver por streaming na súa totalidade nunha canle de Youtube que se habilitará para este fin. Ademais, haberá animación con speaker, estatísticas oficiais e actuacións variadas, cos grupos Gravitty e Perkusiona, ambos de Lugo.

Noticias relacionadas