O II Festival Muralla Rock arrinca co potente son dos grupos rockeiros

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Festival Muralla Rock & Motos arrinca este venres, día 14 de setembro. Os acordes comezarán a soar a partir das 19:30 horas na explanada do aparcadoiro do Ángel Carro.

O cartel para o día 14 está conformado polas actuacións de Poncho K, o grupo ourensán Malasaña, Mirage, Durango e Santiago Campillo & The Electric Band. Xunto a estes emblemáticos representantes do rock nacional, o cartel inclúe unha nutrida representación dos grupos locais, que terán a oportunidade de dar a coñecer as súas composicións ante o público.

Precisamente, serán os grupos locais Arrhythmya, Keep Going, On Fucking Air, Few Days Later e Bronze os responsables de abrir a velada musical.

Este festival está aberto a todos os públicos e as súas actividades son completamente gratuítas. A zona de acampada estará ubicada na área recreativa da antiga Fábrica da Luz para manter a súa proximidade co espazo para os concertos e facilitar aos campistas e aos moteiros á mobilidade entre as distintas zonas do festival.

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias instalará unha caseta para repartir de xeito gratuíto de vasos de plásticos e ofrecer asesoramento.

O Concello poñerá en servizo unha liña de autobuses especial que sairá desde a Praza de Santo Domingo a partir das 20:00 horas, cunha frecuencia de cada 30 minutos, hacia as instalacións do festival. Este servizo completará á liña número 6, que funciona habitualmente entre Montirón e a Cheda e parte desde San Marcos cunha frecuencia dunha hora desde as 7:45 horas ata as 21:45 horas da noite.

Noticias relacionadas