O Goberno local logra o consenso do Foro de Igualdade para impulsar iniciativas coas que dar visibilidade á loita contra a violencia machista

A proposta do Foro Feminista, e aceptada polo resto de asociacións e integrantes, concentraranse unha vez ao mes no árbore da vida de Santo Domingo, en reunións non silenciosas ás que convidan á sociedade civil.

As manifestacións terán lugar o primeiro martes de cada mes e comezarán no mes de setembro. Nestas reunións leranse as definicións de feminicidio e violencia vicaria.

A edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, sinalou que “chegamos ao consenso porque únenos a condena dos asasinatos machistas, por riba de cuestións partidistas”. 

Luns, 14 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local logra o consenso do Foro de Igualdade para impulsar iniciativas coas que dar visibilidade á loita contra a violencia machista

O Goberno Local logrou o consenso das asociacións e colectivos que integran o Foro de Igualdade para poñer en marcha iniciativas coas que dar visibilidade á loita contra a violencia machista, entre as que destaca a convocatoria de concentracións non silenciosas ás que convidarán ao resto da sociedade civil para condenar ás agresións sexuais, a violencia de xénero e os asasinatos machistas. As manifestacións terán lugar nas inmediacións do árbore da vida, en Santo Domingo, os primeiros martes de cada mes, e a primeira delas será no vindeiro mes de setembro. A edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, sinalou que “chegamos ao consenso porque únenos a condena dos feminicidios por riba de cuestións partidistas”. De feito, nas citadas concentracións lerase como manifesto as definicións de feminicidio e de violencia vicaria. “Imos a reunirnos en concentracións non silenciosas, con berros á vida polas que xa non poden falar”, explica López Racamonde.

Este foi un dos acordos aos que se chegou na reunión do Foro de Igualdade, no que ademais de Olga López Racamonde, tomaron parte as concelleiras de Cohesión Territorial e de Muller e Igualdade, Ana González Abelleira e Ángeles Novo, respectivamente. Precisamente, López Racamonde foi designada como nova presidenta deste foro, ao tempo que se deu a benvida a outras integrantes que se incorporan ao mesmo, como é o caso da traballadora municipal da Casa da Muller, na Milagrosa, Begoña Rodríguez, ademais de debater varias iniciativas para amosar a repulsa e a condena contra a violencia machista. 

Na citada reunión, houbo diferentes propostas e expostas desde distintos puntos de vista, polo que desde o Goberno Local “propuxemos que non podiamos facer do feminicidio unha cuestión partidista e que, dunha maneira ou doutra, tiñamos que chegar a un acordo. Así, finalmente adoptouse un acordo de mínimos, que é convocar a todas as entidades que forman parte do Foro de Igualdade para realizar esas concentración os primeiros martes de cada mes, á que convidaremos a toda a sociedade civil lucense e a quen se queira unir”, comenta Olga López Racamonde.

A edil de Cohesión Social, quen é ademais a nova presidenta do Foro de Igualdade, fixo fincapé en que “imos deixar ao carón as politizacións, as distintas ideoloxías feministas que poida haber, para falar do que nos une e da gran lacra social contra a que debemos de loitar, que non é outra que o feminicidio”. Igualmente, acordouse que o que se lerá nestas concentracións a modo de manifesto, serán as definicións de feminicidio e de violencia vicaria. “O fundamental do Foro de Igualdade é que houbo un consenso entre todas as participantes e asistentes para convocar mensualmente esa manifestación civil na árbore da vida para berrar polas que xa non ten voz”, sinalou a edil.

O Foro de Igualdade está integrado por unha representante de: asociacións veciñais federadas e outra polas non federadas; das asociacións de persoas con discapacidade; Colexio de Enfermeria; Asociación de Mulleres Empresarias; a Unión de Asociacións Veciñais (unave);

Secretariado da Muller do sindicato CC.OO; Secretariado da Muller do sindicato STEG; Secretariado da Muller do sindicato CIG; Secretariado da Muller do sindicato UXT;

Fundacion Secretariado Gitano y APIG; Unions Agrarias-UPA; Aliad Ultreia; Asociación de Mulleres Rurais "A Landra"; Foro Feminista de Lugo e Asociación Gitana Phenjalipen.

Dito foro está presidido por Olga López Racamonde, e coa edil Ángeles Novo como vicepresidenta, e conta ademais cun secretario, varios vogais en representación do Goberno Local e de todos os grupos políticos da Corporación Municipal, e a citada técnica da Casa da Muller. 

Ademais, como invitados e suplementes deste colectivo figuran tamén representante das asociacións non gobernamentais de cooperación e desenvolvemento; Secretariado da Muller do sindicato CIG; Asociación de Mulleres Empresarias; Sindicato Labrego Galego; vogal polo Grupo Municipal do PP do Concello de Lugo; Colexio de Enfermeria; Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans; Plataforma Feminista de Lugo e Asociación Endometriosis.

Audio

  • A edil Olga López Racamonde, sobre o Foro de Igualdade | Descargar mp3

Noticias relacionadas