O ano pasado, máis de 600 estudiantes de Primaria, Secundaria e FP participaron neste programa para fomentar o consumo responsable deste recurso.
O Concello de Lugo desenvolve este plan, en colaboración con Gestagua, para promover a preservación deste ben, cunha iniciativa que agora ábrese tamén a toda a poboación.
De cara ao novo curso, estúdiase a creación dun plan específico para alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre o ciclo integral da auga e accións ambientais como a limpeza de ríos.

O Goberno local impulsa a educación ambiental, e de forma específica o fomento do consumo responsable da auga, con visitas guiadas á depuradora e á potabilizadora para toda a poboación, coas que se busca concienciar sobre o valor da auga. De feito, gracias a este programa, que agora se amplía, o ano pasado, máis de 600 estudiantes de Primaria, Secundaria e Formación Profesional participaron nesta iniciativa, que o Concello de Lugo leva a cabo en colaboración con Gestagua, empresa que xestiona as dúas instalacións máis importantes do ciclo da auga no municipio de Lugo. A alcaldesa, Paula Alvarellos, sinalou a este respecto que “o emprego adecuado dos nosos recursos pasa pola educación, no eido ambiental, dos máis novos. Con este programa imos impulsar que os nenos e nenas de Lugo tomen conciencia da importancia de facer un consumo responsable da auga, ao tempo que abriremos estas visitas a outros colectivos que podan estar interesados en coñecer cal é o tratamento deste recurso, que estamos obrigados a coidar”.
Con este programa, o Goberno local busca concienciar sobre a importancia da preservación dos recursos hídricos, sobre todo, entre a poboación máis nova como pode ser a escolar. De feito, no pasado curso, un total de 668 estudiantes de 13 centros educativos participaron nas 39 visitas organizadas, destacando o interese dos participantes por repetir a experiencia. Este ano, darase un novo impulso a este programa de sensibilización ambiental mediante as visitas guiadas á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), mantendo as visitas para alumnado de todos os niveis educativos pero abrindo esta experiencia a outros grupos de interese.
O programa, que se desenvolve entre marzo e maio, está deseñado para ofrecer unha experiencia práctica e educativa sobre o ciclo da auga, desde a súa captación no río Miño ata a súa depuración e devolución á contorna natural. As e os estudiantes participan en dinámicas interactivas, onde coñecen os procesos de potabilización e depuración e a importancia de conservar os recursos hídricos. Ademais, as visitas están abertas a familias, universidades, asociacións de veciños e outros colectivos interesados na xestión da auga.
De cara ao futuro e co obxectivo de incidir na concienciación ambiental, Goberno local e Gestagua planean ampliar o programa con novas iniciativas. Entre outras, se creará un proxecto educativo específico sobre o ciclo integral da auga, destinado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria; organizaranse accións ambientais, como xornadas de limpeza de ríos; e outras actividades en grupo na semana do Día Mundial da Auga.
A xestión da visita pode realizarse a través de páxina web de Gestagua Lugo (https://lugo.gestagua.es/index.php/visitas/), desde a pestana de actividades e indo ao apartado de visitas.


