O Foro de Igualdade comeza os preparativos do 8 de Marzo

Venres, 08 de febreiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Ana González, presidiu hoxe a reunión que celebrou, no Salón de Plenos, o Foro de Igualdade que estudou a programación que organizará o Concello para conmemorar o día da Muller que se celebra o 8 de marzo.

Na reunión, Ana González deu conta da proposta da Concellería e da Casa da Muller que inclúe, entre outras actividades, a celebración dunhas Xornadas e unha marcha pola Muralla.

O deseño do cartel anunciador farano alumnos da Escola Ramón Falcón.

O Foro de Igualdade tamén condenou o último crime de violencia sexista ocorrido onte en Cidade Real, así como os outros oito rexistrados no que vai de ano en España.

Multimedia

Noticias relacionadas