Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Foro de Igualdade comeza os preparativos do 8 de Marzo

O Foro de Igualdade comeza os preparativos do 8 de Marzo

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 08 de febreiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Ana González, presidiu hoxe a reunión que celebrou, no Salón de Plenos, o Foro de Igualdade que estudou a programación que organizará o Concello para conmemorar o día da Muller que se celebra o 8 de marzo.

Na reunión, Ana González deu conta da proposta da Concellería e da Casa da Muller que inclúe, entre outras actividades, a celebración dunhas Xornadas e unha marcha pola Muralla.

O deseño do cartel anunciador farano alumnos da Escola Ramón Falcón.

O Foro de Igualdade tamén condenou o último crime de violencia sexista ocorrido onte en Cidade Real, así como os outros oito rexistrados no que vai de ano en España.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-foro-de-igualdade-comeza-os-preparativos-do-8-de-marzo