O deporte lucense triunfa nos VII Xogos do Eixo Atlántico en Vila Nova de Gaia

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os equipos deportivos de Lugo lograron un gran éxito na VII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que tiveron lugar en Vila Nova de Gaia entre os días 10 e 14 de xullo.

Asistiron 64 deportistas da cidade, acompañados por adestradores e delegados das distintas disciplinas. As modalidades que contaron con representación lucense foron o voleibol, voleibol de praia, fútbol 7, baloncesto e atletismo.

En baloncesto o equipo masculino acadou o primeiro posto ganando o Campionato. Impúxose na final ó equipo de Vilagarcía de Arousa logo de derrotar ás seleccións de Vilareal, Bragança, Ourense, Guimaraes e Vila Nova de Gaia.

Tamén se logrou un gran éxito en atletismo onde o equipo de atletismo en pista feminino se impuxo por un punto ó equipo local e conseguiu o primeiro posto.

Outros resultados destacados nestes Xogos do Eixo Atlántico:

* 3º posto para Marta Casanova nos 1000 metros.

* 3º posto por Equipos no relevo 4x100.

* 2º posto en salto de lonxitude.

* 7º posto Atletismo masculino en pista por equipos.

* 3º posto para Jorge Trashorras nos 100 metros.
* 3º posto en relevos 4x100.

* 2º posto por equipos masculino feminino en Atletismo en estrada:

Feminino
- 5º posto Iria Castro
- 10º posto Mª Pilar Fidalgo Díaz
- 11ª Marta Casanova
- 22ª Esperanza Pallise

Masculino
- 5º posto Iago Porto
- 8º posto Fernando Roldán
- 12º posto Jorge Trashorras
- 23º Carlos Roldán
* 3º posto en Voleibol Feminino, detrás de Oporto e Guimaraes.
* 4º posto en Voleibol praia, detrás de Oporto, Vila Nova de Gaia e Santiago de Compostela.

Noticias relacionadas