Mércores, 26 de outubro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

Membros da Corporación Municipal asistiron este mércores na Praza Maior á lectura do manifesto polo Día Internacional do Dano Cerebral, que organiza a Asociación Dano Cerebral de Lugo (Adace), coa finalidade de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.
Con este manifesto preténdese darlle unha maior visibilidade a esta patoloxía, así como a quen a padece, que son máis de 400.000 persoas en España, e aos seus familiares.