Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello súmase á lectura dun manifesto polo Día Internacional do Dano Cerebral

O Concello súmase á lectura dun manifesto polo Día Internacional do Dano Cerebral

  • Tema
    • Asociacións sociais,
    • Sanidade
Mércores, 26 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello súmase á lectura dun manifesto polo Día Internacional do Dano Cerebral

Membros da Corporación Municipal asistiron este mércores na Praza Maior á lectura do manifesto polo Día Internacional do Dano Cerebral, que organiza a Asociación Dano Cerebral de Lugo (Adace), coa finalidade de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.

Con este manifesto preténdese darlle unha maior visibilidade a esta patoloxía, así como a quen a padece, que son máis de 400.000 persoas en España, e aos seus familiares.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-sumase-lectura-dun-manifesto-polo-dia-internacional-do-dano-cerebral