O Concello e a Deputación dan a coñecer a realidade dos ventres de aluguer, coa presentación dun libro

Ana Abelleira e Sonsoles López participaron na presentación da obra e xunto coa autora, Nuria González, afondaron na realidade da xestación subrogada, na situación xurídica e práctica e nas consecuencias para as mulleres xestantes

Luns, 04 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello e a Deputación dan a coñecer a realidade dos ventres de aluguer, coa presentación dun libro

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e a autora do libro Vientres de Alquiler, Nuria González López, participaron na presentación, este luns, no Pazo de San Marcos, desta publicación que afonda na xestación subrogada, estuda a situación xurídica desta práctica e as consecuencias das mulleres xestantes. O acto enmárcase dentro da programación Mulleres con Forza, posta en marcha por Concello e Deputación de Lugo para conmemorar o 8 de marzo, ao longo de todo o mes.

A obra Vientres de Alquiler trata de amosar á realidade da xestación subrogada a través dun análise xurídico da lexislación española e internacional, dun percorrido polas distintas empresas de ventres de aluguer e un estudio dos casos máis paradigmáticos. No libro, Nuria González, destapa os intereses detrás dunha maternidade subrogada, unha práctica ilegal en España e permitida solo en 12 países de todo o mundo.

A autora, Nuria González, licenciouse en Dereito, é membro dos los Servicios Jurídicos de la UGT de Catalunya y del Turno de Oficio de Violencia de Género en Barcelona. Ademais, tamén traballa como asesora xurídica para varios concellos de Barcelona e Tarragona. No ano 2013, marchou a vivir a México, onde traballou dentro do movemento feminista a favor dos dereitos humanos das mulleres en varios estados da república, especialmente no Estado de México. Nuria tamén traballou con varias organizacións de mulleres indíxenas, o que a levou a ser, no ano 2014, Xuíza do Tribunal dos Dereitos Humanos das Mulleres Indíxenas na Conferencia Mundial dos Pobos Indíxenas da ONU.

Mulleres con Forza

Esta presentación enmárcase na programación Mulleres con Forza, posta en marcha por Concello e Deputación. Ao longo de todo o mes de marzo haberá diferentes actividades a prol da figura da muller: andainas pola igualdade, actuacións de microteatro, faladoiros feministas, espectáculos de danza e concertos musicais, entre outras actividades.

Noticias relacionadas