A alcaldesa participou na concentración en lembranza da moza asasinada o pasado día 24 e que se suma ás 41 mulleres mortas este ano, a mans das súas parellas ou ex parellas.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou no minuto de silencio en repulsa polo último asasinato de violencia machista, o pasado día 24 de novembro, que acabou coa vida dunha menor de 15 anos, no municipio de Orihuela, en Alicante. A corporación municipal sumouse así ao minuto de silencio, convocado pouco antes das dez da mañá de hoxe pola Subdelegación do Goberno, o que supuxo facer un breve receso no desenvolvemento da sesión plenaria de hoxe.
Fronte á Casa do Concello gardouse un minuto de silencio en memoria de Cloe, a muller de 15 anos asasinada a mans da súa ex parella que é ademais a primeira menor vítima de violencia machista deste 2024. Neste ano tamén foron asasinadas oito nenas e nenos polos seus pais ou parellas das súas nais, mentres que 32 menores quedaron orfos e orfas, como consecuencia da violencia de xénero.


