O Concello de Lugo secundou este xoves a manifestación en apoio ao sector lácteo convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego en Vilalba

Xoves, 20 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, durante a mobilización

O Concello de Lugo secundou este xoves a manifestación en apoio ao sector lácteo convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego en Vilalba. Deste xeito, a entidade local reforza unha vez máis o seu compromiso cun sector “fundamental” para Lugo. O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, participou nesta mobilización para esixirlle ao Goberno Central e á Xunta de Galicia “solucións políticas inmediatas” que poñan fin á situación “insostible” que están a vivir os gandeiros. 

Noticias relacionadas