González Abelleira reúnese coa veciñanza de Conturiz para explicar os tres proxectos que o Concello desenvolverá na parroquia

O Goberno local investirá máis de 297.000 euros en actuacións que mellorarán o abastecemento de auga e o firme viario na estrada  Castro–San Amaro–Conturiz.

“Son proxectos necesarios para garantir servizos básicos e mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural”, subliñou a concelleira de Cohesión Territorial.

O Concello lembra que este tipo de obras forman parte da estratexia municipal para avanzar na cohesión territorial emellora da calidade de vida na zona rural.

Luns, 22 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
González Abelleira reúnese coa veciñanza de Conturiz para explicar os tres proxectos que o Concello desenvolverá na parroquia

A concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, ven de manter unha reunión coa veciñanza de Conturiz para presentar os proxectos que o seu departamento desenvolverá na parroquia ao longo dos próximos meses. En concreto, trátase da ampliación da rede de abastecemento de auga nos núcleos de Castro–San Amaro–Conturiz, cun investimento de 145.155,70 euros e un prazo de execución de tres meses, e da mellora da pavimentación con aglomerado en quente nos camiños da mesma contorna, cun investimento de 122.245,50 euros e un prazo de execución de dous meses, máis unha terceira obra de renovación  do firme que supera os 29.000 euros de investimento e mellorará trazados na proximidade do colexio de Nadela e no acceso a unha zona urbanizada en San Xona de Pena.

“O obxectivo deste encontró é aportar información de utilidade para a veciñanza sobre como se leverán a  cabo os traballos e recoller susxestións para incorporar ao traballo ordinario da nosa áera. É moi importante que a cidadanía participe destes procesos e  que conte con información veraz e de primiera mas para evitar os bulos que de forma habitual se difunden de forma interesada”, subliñou González Abelleira.

O cronograma previsto establece que os traballos de abastecemento de auga se inicien nas próximas semanas, con diferentes fases para minimizar as afeccións á veciñanza, e que unha vez finalizados se acometa a mellora da pavimentación, co obxectivo de ter ambas actuacións completadas no menor tempo posible.

“É fundamental avanzar na cohesión do noso rural atendendo ás necesidades reais da veciñanza de forma programada, cumprindo coas prioridades máis urxentes e garantindo que todas as parroquias dispoñan de servizos de calidade. Estas obras responden á vontade deste Goberno de facer un Concello máis equilibrado e igualitario”, destacou González Abelleira.

A edil lembrou tamén que estas obras se enmarcan na estratexia do Concello de Lugo para reforzar a cohesión territorial, mellorar a accesibilidade e garantir que os servizos cheguen en igualdade de condicións a todos os barrios e parroquias do municipio.

Audio

  • A concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, sobre as obras en Conturiz | Descargar mp3

Multimedia

  • González Abelleira reúnese coa veciñanza de Conturiz para explicar os tres proxectos que o Concello desenvolverá na parroquia

Noticias relacionadas